Uppskattad leveranstid 7-12 arbetsdagar
Fri frakt för medlemmar vid köp för minst 249:-
O Lobo Feroz vive escondido entre nós.
Gustaríache axudar a Carapuchiña Vermella?
Este conto vai dirixido ao corazón de tantas nenas e nenos feridos e silenciados, anímaos a falar: xa é hora de contar as súas historias, de buscar quen os escoite.
Lémbranos que a esperanza nos acompaña mesmo nos momentos máis arrepiantes, traendo un raio de luz a ese bosque tan escuro; móstranos que existe un camiño cara á fin da dor e cara á liberdade.
Este álbum ilustrado aborda, de forma simbólica, a violencia, o maltrato e o abuso sexual infantil (ASI).
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), unha de cada cinco nenas e un de cada trece nenos sofre abuso sexual antes dos 17 anos. Os abusos sexuais, especialmente os perpetrados durante a infancia, condicionan a futura saúde mental, sexual e física da persoa; en moitos casos, permanecen en segredo incluso na idade adulta.
A prevención é a mellor protección contra o abuso sexual infantil. O silencio só beneficia os agresores. Se non visibilizamos o problema, non lle poderemos pór fin. Falando e superando tabús, crearemos unha sociedade máis san e segura para os nosos menores.
Polo dereito dos nenos ao respecto! Fagamos valer os dereitos fundamentais dos nenos.
- Illustratör: Ana Barbosa
- Format: Pocket/Paperback
- ISBN: 9788412687712
- Språk: Galisiska
- Antal sidor: 32
- Utgivningsdatum: 2024-01-23
- Översättare: Iolanda Mato
- Förlag: La Batidora Coop. V.